Estes textos fan referencia á guerra da independencia que tivo lugar entre 1808 e 1814, e tratan aspectos fundamentalmente políticos. As tropas napoleónicas, segundo o convenio no tratado de Fontainebleu en 1807, entraron en España coa suposta intención de atravesala para chegar a Portugal e sometelos, sen que a coroa española entrase no conflito. Pola contra, o que acabou acontecendo foi que o exército francés se asentase en España co obxectivo de derrocar aos Borbóns e deste xeito, Napoleón adquiriría o control sobre toda a península ibérica, non só de Portugal, como parecía inicialmente.
Á poboación española, descontenta coa situación xa antes de seren desveladas as intencións de Napoleón, sublevouse o 2 de maio de 1808 (acto que quedaría retratado por Goya posteriormente nas súas obras “A loita cos mamelucos” e “Os fusilamentos do 3 de maio”). Non obstante, o mariscal Murat iniciou un duro proceso de represión (doc. 1), que incluía a perda da liberdade de reunión e de imprenta, entre outras cousas. Tras estas prohibicións e as posteriores abdicacións de Baiona, parte da poboación presentou resistencia, creando unha oposición que pronto lle declararía a guerra a Francia (doc. 2). Dúas vías, a guerrilla popular e o enfrontamento co exército guiado polo duque de Wellington, causaron o progresivo desgaste das tropas invasoras. A resposta francesa ante estes levantamentos foi o intento de instaurar pola forza o chamado Estatuto de Baiona, en xullo dese mesmo ano. Este documento, que en realidade tiña o carácter de carta outorgada, incluía algunhas reformas de tendencia liberal. O irmán de Napoleón, Xosé I Bonaparte (coñecido popularmente como Pepe Botella), foi posto no trono, aproveitando a situación derivada do motín de Aranxuez e as abdicacións de Baiona. Non obstante, na realidade Xosé I carecía de autonomía no goberno, xa que Napoleón o situara nese cargo para satisfacer as súas necesidades e exercer o control no seu nome.
O resultado da oposición foi a primeira vitoria ante os franceses na batalla de Bailén, tras a que estes tiveron que retirarse ao norte do Ebro e Xosé I abandonou Madrid. Napoleón viuse obrigado a reformular a súa estratexia na guerra, e un ano despois conseguira ocupar case toda España. Pero isto cambia de rumbo cando Napoleón obriga a retirar as tropa de España pola mobilización da campaña rusa e centrar a atención,noutras zonas de Europa,e as tropas francesas finalmente foron derrotadas tras as batallas de Ciudad Rodrigo e de Los Arapiles.A guerra prevía unha convocatoria de Cortes xerais e extraordinarias, as Cortes de Cádiz, que intentaron construír unha España liberal.(doc 4) Os liberais propuñan unha cámara única que asumise a soberanía nacional e elaborase unha constitución na que se recollera novidades ligadas a revolución francesa. En canto o labor lexislativo das Cortes estableceuse que a soberanía reside na nación, proclamouse a igualdade ante a lei e previuse un conxunto de reformas entre as que destacan: a aprobación á liberdade da imprenta, a abolición de tortura, supresión dos señoríos, desamortización de bens do clero, nova división provincial, creación das deputacións provinciais, unha reforma facendística e a liberdade de comercio e industria,etc. Foi entón cando se creou a primeira Constitución de 1812 na que se recollían principios como a división de poderes, a relixión católica era a única,creación da Milicia Nacional, liberdade económica,etc. Pero finalmente esta constitución non puido pórse en marcha, nin ser aplicada.
Nesta guerra, surxiron variadas discrepancias entre os que combatían contra o exército napoleónico.
Por un lado, temos á nobreza, á cal “a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de reformadora” (doc. 3). Ben é certo que os réximes ata esa época en España beneficiaran sobre todo ao clero e á nobreza; a monarquía absoluta, propia do Antigo Réxime, e o despotismo absoluto, os cales lles concedían dereitos enormes a estes sectores, e claro, a nobreza non quería reformismo que os puidera prexudicar.
En canto aos ilustrados, eles pensaban totalmente o contrario, combatían ás tropas francesas debido ao medo da volta a un estado anterior: o despotismo ilustrado, o cal ía en contra das súas liberdades e desas novas ideas que xurdiron na época: “Non era posible (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os que o consideraban unha causa dos males que os aflixían” (doc. 3).
No hay comentarios.:
Publicar un comentario