jueves, 18 de mayo de 2017

Composición xuño 2002

COMPOSICIóN EXAME XUÑO 2002

O 8 de xullo  de 1936 un grupo de xenerais reveláronse contra a República. Esperaban un rápido triunfo do pronunciamento militar. Pero as resistencias das forzas de seguridade leais a República e dos milicianos das organizacións políticas e sindicais fixo fracasar a sublevación en gran parte do país. O resultado foi que esta sublevación desencadeou unha cruenta e longa guerra civil de case tres anos. A demanda de axuda militar el politica,tanto do goberno da república como dos seus sublevados,as potencias Europeas abriu a porta a internacionalización do conflito. A rápida intervención da alemaña nazi  e da italia fascista en favor dos rebeldes e a inhibición das democracias occidentais condicionaron de forma decisiva o resultado final da guerra civil .

A sublevación militar aínda que non logrou o seu proposito de derribar de inmediato o estado republicano, ocasionou a división do exercito ,das forzas de seguridade, o derrubamento da orde e do poder republicano. Nun primeiro momento  o presidente da república jośe giral optou pola negociación pero ante a negación do bando nacional prepararonse para combater en favor da república e loitar por ela. Como aparece no documento 1º de  fonte primaria e naturaleza politica e publica a os republicanos chaman a resistencia ao pobo “traballadores,antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a república.”. ogoberno deu orde de repartir armas eaos militantes e organizacións obreiras que desatou o terror sen que a republica puidese impedilo. Co paso do tempo o bando republicano perdia territorios as mans do bando nacional e as tensións dentro do goberno crispaban esta crise a esto súmase o esgotamento de recursos e municións.

Noutro bando, a españa nacional apoiouse no exercito que lle foi fiel e fundamentou o seu piar básico. Desde o primeiro momento os militares infundiron o medoa traves dunha sistematica epresión baseada en paseos e sacas.A finais de setembro franco foi elexido polo bando nacional como xeneralisimo, xefe supremo de todos os exercitos sublevados formandose así o organismo da falange como podemos observar no Documento 6º “A falange española integranse baixo a miña xefatura”. A igrexa catolica apoiou o alzamento e quedou ligada o bando nacional co que posteriormente se denominaria nacionalsindicalismo e o reximen estendeu a traves dela o pensamento fascistas “A sociedade e o estado...ten a misión principal de ...levar ao pobo o pensamento de aquel” ( Documento 6º)

A victoria do bando nacional consolidouse cos pactos de Munich en septembro de 1938 coa derrota republicana no Ebro. As consecuencias desta victoria radican, por unha parte na union do bando nacional fronte as tensións e o desequilibrio do bando republicano,pero sobretodo pola axuda constantes a estes dos estados totalitarios Europeos fronte a axuda irregular dos democraticos e republicanos documento 3º4º e 5º. A pesar da firma de 27 países  no Acordo de Non Intervención en España como podemos observar no Documento 2º e 7º de fonte primaria e naturaleza politica e publica coa frase “ Cunha están alemáns e italiano e con outra franceses belgas e rusos”.

A victoria dos nacionais na guerra impuxo unha dictadura autoritaria, personal e de base militar que concentraba todo o poder nas mans de caudillo Franco e que perseguiu a todos os desertores ao réximen con duras represións ata o final deste en 1975. Como podemos ver no documento 7º de fonte primaria e naturaleza política e publica na que franco acadaba a vistoria “ hoxe ,o desarmado e cativo exercito roxo… a guerra rematou”

A guerra civil española foi sen dúbida un dos acontecementos mas importantes da historia contemporanea do século XX. As súas consecuencias marcaron a vida e a memoria historica da sociedade española,tanto polo impacto dos horrores da guerra,da represión e do exilio como polo résime politico en que desmbocou.

Composicion 14

COMPOSICIÓN 14 HISTORIA DE ESPAÑA

Estos documentos amosanos o periodo denominado transción politica que comeza coa morte do dictador franco o 20 novembro de 1975.

No primeiro documento de fonte primaria e naturaleza xuridico-política móstrasenos o discurso pronunciado publicamente polo Rei Juan Carlos ao designar como presidente do goberno a Adolfo Suárez tras a dimisión do presidente, nomeado nos últimos anos do franquismo, Arias Navarro en xullo de 1976.  

Adolfo Suárez suscitou unha gran sorpresa tanto na oposición coma nos núcleos reformistas. Con este novo presidente buscábase alcanzar de unha forma máis áxil e rápida as reformas democráticas, como podemos ver no fragmento “ A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna...na que a liberdade, a xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan … o resultado do que todos se beneficien ” . Adolfo Suárez actuou con realismo e asumiu que a sociedade española desexaba alcanzar as liberdades polo que acelerou as reformas ( despenalizou as asociacións politicas,regulou o dereito a folga e aprobou a amnistia parcial ..). Isto causou tensións nos sectores máis conservadores e a violencia de grupos terroristas ( ETA, Guerrileros de Cristo Rei, GRAPO..) durante todo o proceso.

Para avanzar nas reformas era necesario desmontar a estructura do rexime franquista e acabar coas suas institucións. Para este fin presentouse a Lei para a Reforma Política como podemos observar no documento número dous. Esta lei tiña como obxetivo recuperar a soberania popular ( Artigo 1º do documemento dous, documento de fonte primaria naturalea xuridico-política e de autor colectivo ) ; Establecer unhas Cortes ( Artigo 1º e 2º do documento dous )con membros elixidos por sufraxio universal,libre, directo e secreto ; Defender os dereitos de cada individuo e recoñecer o pluripartidismo. Pretendíase “ ir da Lei á Lei a través de Lei” para desmantelar a legalidade franquista e construir a legalidade democrática.

Esta lei con rango fundamental foi debatida é aprobada plas Cortes o 18 de novembro de 1976.

Tras a aprobación de esta lei legalizaronse a meirande parte de partidos que a pesar da tolerancia actuaban de forma clandestina.  Legalizaronse ata 78 partidos, os máis polémicos foron o PSOE y sobretodo o PCE, a besta negra do franquismo. Adolfo Suárez tivo que facer frente a oposición dos máis conservadores e liderar o mesmo tempo a coalición de UCD para as eleccións de xuño de 1977 como podemos ver no documento número 3, de fonte primaria naturaleza política y pública ,no que promete construir a democracia desde a legalidade coa “ Elaboración dunha constitución,fixar liñas básica da economía,xestionar a transición en paz…”

A convocatoria de eleccións lexislativas libres era o paso para reestablecer o sistema parlamentario en España. Segundo a lei D´Hont había que elixir 350 representantes ao congreso. Esta lei favoreceu a UCD con 166 escanos co cal se formou un goberno en minoria de UCD presidido por Suárez. Estes resultados e a alta participación reflectia a vontade dos españois de romper coa legalidade e institucións franquistas, continuar coas reformas e manter os consenso político.

Tras as eleccións, os deputados tomaron como primeira tarefa a elaboración dunha constitución que foi aprobada o 6 de decembro de 1978 . Esta constitución que se nos amosa no documento catro de fonte primaria,natureza xurídico-politica e autor colectivo recollia 169 artigos co fin de estblecer unha sociedade democrática avanzada. O articulado do titulo preliminar ( documento 4 Art 1º ) definía e España como “ Estado social e democrático de dereito, que propugna como valores superiores de sue ordeamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político” convertindo a liberdade como o valor de valores.

Proclamaba que “ A soberania nacional reside no pobo español, do que manan os poderes do Estado” ( Documento 4 Art 1.2) e que a súa forma politica “ É amonarquia parlamentaria” (Documento 4 Art 1.3). Fundamentábase na “indisoluble unidade da nación española” (Documento 4 Art 2º) ao mesmo tempo que recoñecía e protexía “ o dereito a autonomia das nacionalidades e rexións que a integran” ( Documento 4 Art 3.1 3.2 ).

A constitución garantia  nos seus distintos artigos os dereitos humanos e as libertades conforme a Declaración Universal dos Dereito Humanos e a igualdade de todos os españois ante a lei. Ao mesmo tempo, a constitución separaba os tres poderes fundamentais: lexislativo (cortes) executivo (Goberno) e xudicial (xuices).

En 1979 celebrabanse as eleccións lexislativas e municipais  nas que UCD gañou sen maioria absoluta. Tras as eleccións produciuse a crise interna dentro do partido que mostrou a debilidade política deste e a imposibilidade de levar a cabo as reformas prometidas. Ante esta situación Suarez dimitiu o 28 de xaneiro de 1981. A UCD nomeou a Calvo Sotelo como sucesor.

Neste ambiente de tensión e descontento alimentou a constante ameaza golpista.

O 23 de febreiro de 1981, mentres se celebraba a investidura no novo presidente, un grupo de gardas civís baixo o mandato do tenente corononel Antonio Tejero  secuestraron o goberno e a os representantes da soberania nacional para reconducir a reforma politica. O Rei, ante este suceso púxose en contacto coas distintas Capitanías Xerais xurando fidelidade a coroa e a legalidade constitucional. Posteriormente dirixiuse na madrugada do 24 de febreiro a nación a través da televisión como reflexa o documento cinco “ A coroa, símbolo de permanencia e unidade a patria, non pode tolerar de xeito ningún … as actitudes de persoas que pretendan romper… o proceso democrático” ( de fonte primaria,natureza política e pública). Con esta actitude gañou a simpatía da nación, incluso de algúns non monárquicos. Tras este suceso o golpe fracasou e os implicados foron detidos.

A crise da UCD e a súa descomposición tiveron como resultado a disolución das cortes por parte de presidente Calvo Sotelo e a convocación de  eleccións lexislativas para o  28 de octubro de 1982. Estas eleccións cambiaron o mapa politico de España saíndo como partido gañador o PSOE con maioria absoluta , 202 escanos (Documento 6) alcanzando a presidencia  Felipe Gonzalez , na que se mantería  deica 1996 con maioria absoluta no congreso e cunha grande estabilidade

Comentario xuño 2015 a

COMPOSICIÓN  XUÑO 2015 A

Tras a  declaración por parte de Estados Unidos a guerra ao Estado Español tras a explosión do acoirazado estadounidense Maine en 1898 e a derrota de España en Filipinas e Santiago de Cuba, xeneralizouse o desexo de cambios no despresixiado sistema político da Restauración.

Os primeiros anos da monarquia de Alfonso XII caracterizáronse polos intentos de reformar o sistema desde dentro. En 1905 produciuse unha das crises mais transcendentais do reinado de Alfonso XII, que enfrentou aos militares co catalanismo, como podemos ver no documento 1º  de fonte primaria, declaración politica e públicado na revista El ejercito Español  coa frase  “Aos separatistas cataláns dille que xa rematou a época de contemplacións, que de hoxe en diante non se poderá berrar ¡morra España! “. Baixo a presión dos militares aprobouse así a Lei de Xurisdiccións pola que as ofensas contra o exercito e a patria serían xulgadas por tribunais militares “Sen quen o berre seiba que e perigosísimo berralo” ( Documento 1º de fonte primaria,naturaleza política e público ) . Poñíase así en manifesto a renovadora intervención do exercito na vida política. Nesta situación os partidos optaron por reforzarse elixindo novos dirixentes: Antonio Mura (conservador) e José Canalejas ( liberal)

O chamado goberno longo de Maura (1907-09) puxo en marcha o seu proxecto de revolución desde arriba. Tratábase de facer reformas politicas que desen autenticidade ao sitema liberal-parlametario, pero sen alterar as bases do reximen. Aprobaronse con este motivo distintas leis como Lei Electoral en 1907 ou a Lei de Asministración Local para erradicar o caciquismo.

Neste paronama aconteceu a guerra de Marrocos, colonia española e eixe da politica exterior.

A peza esencial era o Rif ,territorio rico en materiais, na que os seus habitantes enfrontaronse as tropas españolas en 1909 e calmado o conflicto non conseguiron a sua independecia.

Este suceso tivo como consecuencia a insurrección  coñecida como a semana Tráxica de Barcelona.  A partir deste momento a popularidade de Maura disminuiu e Alfonse XII forzou a sua dimisión e chamando ao goberno a Canalejas. Este, levou a cabo  unha rexeneración do sistema para lograr a progresiva democratización.

Tras o impacto da Primeira Guerra Mundial,en 1917 o sistema politico da restauración aravesou unha profunda crise na que confluian conflictos militares, políticos e sociais.

A mais destacada foi a crise social no que o duas organizacións reivais UGT y CNT convocaban una folga xeral para derrocar ao reximen e implantar unha republica democrática como vemos no documento 2º  de fonte primaria, naturaleza política e pública “ Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de todos… e solicitamos o voso concurso...”.

A folga non tivo o efecto esperado, só nos centros industriais e sin impacto nas zonas rurais. O exercito cumpriu a orde de disparar causando 71 mortos e 2.000 detidos.

A partir de 1917 hoube 15 gobernos que só se poñían de acordo para aprobar os orzamentos , como fai referencia no esuquema so Documento 4º no que se amosan os diferentes gobernos e duracións destes que amosan unha grande inestabilidade política. Esto deu lugar a unha crise politica que se sumou a unha crise social derivada dos efectos da primeira guerra mundial.

A todo esto tense que engadir o desastre de Annual o que fai referencia a viñeta do  Documento 3º.  En 1921 o goberno decidiu considerar a ocupación efectiva de Marrocos. O Xeneral Silvestre,xefe militar da zona de Melilla, desatendendo as orde do Xeneral Berenguer de que detivese a súa ofensiva no Rif adentrouse nun territorio extenso e dificil no que foi cercado polos rifeños no territorio de Annual e produciuse a desbanda dos españois cara Melilla e con ela a perda paulatinamete o territorio . Esta situación tivo importantes repercusións, esixironse responsabilidades e elaboración dun informe sobe o sucedido, denominado “ Informe Picasso” no que aprecerian importantes autoridades incluindo ao Rei.

O goberno intentou salvar o réxime constitucional cun programa de democratización, a reforma da constitución e formando a comisión de responsabilidades politicas. Poucos dias antes de  que o informe elaborado  chegase ás Cortes, o Xeneral Primo de Rivera encabezou un golpe de estado en 1923 polo que se impoñia unha dictadura militar como solución para a crise do Réxime que duraría ata 1930. O Documento 5º  de fonte primaria, naturaleza politica e público amosanos o discurso levado a cabo polo xeneral para xustificar o golpe de estado no que se presenta como “ O salvado de España”  para poñer fin aos problemas de España dos últimos tempos como o desastre de Annual, a perdida de Cuba… Presenta a dictadura como un réxime transitorio que rematara cando se “extirpen” os males do pobo “Á patria non ven para ela outra salvación que liberala”. Este rexeneracionismo autoritario fracasaria e arrastraria a propia monarquia de Alfonso XII co que se abriria paso a implantación da República en abril de 1931.