jueves, 18 de mayo de 2017

Comentario xuño 2015 a

COMPOSICIÓN  XUÑO 2015 A

Tras a  declaración por parte de Estados Unidos a guerra ao Estado Español tras a explosión do acoirazado estadounidense Maine en 1898 e a derrota de España en Filipinas e Santiago de Cuba, xeneralizouse o desexo de cambios no despresixiado sistema político da Restauración.

Os primeiros anos da monarquia de Alfonso XII caracterizáronse polos intentos de reformar o sistema desde dentro. En 1905 produciuse unha das crises mais transcendentais do reinado de Alfonso XII, que enfrentou aos militares co catalanismo, como podemos ver no documento 1º  de fonte primaria, declaración politica e públicado na revista El ejercito Español  coa frase  “Aos separatistas cataláns dille que xa rematou a época de contemplacións, que de hoxe en diante non se poderá berrar ¡morra España! “. Baixo a presión dos militares aprobouse así a Lei de Xurisdiccións pola que as ofensas contra o exercito e a patria serían xulgadas por tribunais militares “Sen quen o berre seiba que e perigosísimo berralo” ( Documento 1º de fonte primaria,naturaleza política e público ) . Poñíase así en manifesto a renovadora intervención do exercito na vida política. Nesta situación os partidos optaron por reforzarse elixindo novos dirixentes: Antonio Mura (conservador) e José Canalejas ( liberal)

O chamado goberno longo de Maura (1907-09) puxo en marcha o seu proxecto de revolución desde arriba. Tratábase de facer reformas politicas que desen autenticidade ao sitema liberal-parlametario, pero sen alterar as bases do reximen. Aprobaronse con este motivo distintas leis como Lei Electoral en 1907 ou a Lei de Asministración Local para erradicar o caciquismo.

Neste paronama aconteceu a guerra de Marrocos, colonia española e eixe da politica exterior.

A peza esencial era o Rif ,territorio rico en materiais, na que os seus habitantes enfrontaronse as tropas españolas en 1909 e calmado o conflicto non conseguiron a sua independecia.

Este suceso tivo como consecuencia a insurrección  coñecida como a semana Tráxica de Barcelona.  A partir deste momento a popularidade de Maura disminuiu e Alfonse XII forzou a sua dimisión e chamando ao goberno a Canalejas. Este, levou a cabo  unha rexeneración do sistema para lograr a progresiva democratización.

Tras o impacto da Primeira Guerra Mundial,en 1917 o sistema politico da restauración aravesou unha profunda crise na que confluian conflictos militares, políticos e sociais.

A mais destacada foi a crise social no que o duas organizacións reivais UGT y CNT convocaban una folga xeral para derrocar ao reximen e implantar unha republica democrática como vemos no documento 2º  de fonte primaria, naturaleza política e pública “ Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de todos… e solicitamos o voso concurso...”.

A folga non tivo o efecto esperado, só nos centros industriais e sin impacto nas zonas rurais. O exercito cumpriu a orde de disparar causando 71 mortos e 2.000 detidos.

A partir de 1917 hoube 15 gobernos que só se poñían de acordo para aprobar os orzamentos , como fai referencia no esuquema so Documento 4º no que se amosan os diferentes gobernos e duracións destes que amosan unha grande inestabilidade política. Esto deu lugar a unha crise politica que se sumou a unha crise social derivada dos efectos da primeira guerra mundial.

A todo esto tense que engadir o desastre de Annual o que fai referencia a viñeta do  Documento 3º.  En 1921 o goberno decidiu considerar a ocupación efectiva de Marrocos. O Xeneral Silvestre,xefe militar da zona de Melilla, desatendendo as orde do Xeneral Berenguer de que detivese a súa ofensiva no Rif adentrouse nun territorio extenso e dificil no que foi cercado polos rifeños no territorio de Annual e produciuse a desbanda dos españois cara Melilla e con ela a perda paulatinamete o territorio . Esta situación tivo importantes repercusións, esixironse responsabilidades e elaboración dun informe sobe o sucedido, denominado “ Informe Picasso” no que aprecerian importantes autoridades incluindo ao Rei.

O goberno intentou salvar o réxime constitucional cun programa de democratización, a reforma da constitución e formando a comisión de responsabilidades politicas. Poucos dias antes de  que o informe elaborado  chegase ás Cortes, o Xeneral Primo de Rivera encabezou un golpe de estado en 1923 polo que se impoñia unha dictadura militar como solución para a crise do Réxime que duraría ata 1930. O Documento 5º  de fonte primaria, naturaleza politica e público amosanos o discurso levado a cabo polo xeneral para xustificar o golpe de estado no que se presenta como “ O salvado de España”  para poñer fin aos problemas de España dos últimos tempos como o desastre de Annual, a perdida de Cuba… Presenta a dictadura como un réxime transitorio que rematara cando se “extirpen” os males do pobo “Á patria non ven para ela outra salvación que liberala”. Este rexeneracionismo autoritario fracasaria e arrastraria a propia monarquia de Alfonso XII co que se abriria paso a implantación da República en abril de 1931.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario