jueves, 18 de mayo de 2017

Composicion 14

COMPOSICIÓN 14 HISTORIA DE ESPAÑA

Estos documentos amosanos o periodo denominado transción politica que comeza coa morte do dictador franco o 20 novembro de 1975.

No primeiro documento de fonte primaria e naturaleza xuridico-política móstrasenos o discurso pronunciado publicamente polo Rei Juan Carlos ao designar como presidente do goberno a Adolfo Suárez tras a dimisión do presidente, nomeado nos últimos anos do franquismo, Arias Navarro en xullo de 1976.  

Adolfo Suárez suscitou unha gran sorpresa tanto na oposición coma nos núcleos reformistas. Con este novo presidente buscábase alcanzar de unha forma máis áxil e rápida as reformas democráticas, como podemos ver no fragmento “ A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna...na que a liberdade, a xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan … o resultado do que todos se beneficien ” . Adolfo Suárez actuou con realismo e asumiu que a sociedade española desexaba alcanzar as liberdades polo que acelerou as reformas ( despenalizou as asociacións politicas,regulou o dereito a folga e aprobou a amnistia parcial ..). Isto causou tensións nos sectores máis conservadores e a violencia de grupos terroristas ( ETA, Guerrileros de Cristo Rei, GRAPO..) durante todo o proceso.

Para avanzar nas reformas era necesario desmontar a estructura do rexime franquista e acabar coas suas institucións. Para este fin presentouse a Lei para a Reforma Política como podemos observar no documento número dous. Esta lei tiña como obxetivo recuperar a soberania popular ( Artigo 1º do documemento dous, documento de fonte primaria naturalea xuridico-política e de autor colectivo ) ; Establecer unhas Cortes ( Artigo 1º e 2º do documento dous )con membros elixidos por sufraxio universal,libre, directo e secreto ; Defender os dereitos de cada individuo e recoñecer o pluripartidismo. Pretendíase “ ir da Lei á Lei a través de Lei” para desmantelar a legalidade franquista e construir a legalidade democrática.

Esta lei con rango fundamental foi debatida é aprobada plas Cortes o 18 de novembro de 1976.

Tras a aprobación de esta lei legalizaronse a meirande parte de partidos que a pesar da tolerancia actuaban de forma clandestina.  Legalizaronse ata 78 partidos, os máis polémicos foron o PSOE y sobretodo o PCE, a besta negra do franquismo. Adolfo Suárez tivo que facer frente a oposición dos máis conservadores e liderar o mesmo tempo a coalición de UCD para as eleccións de xuño de 1977 como podemos ver no documento número 3, de fonte primaria naturaleza política y pública ,no que promete construir a democracia desde a legalidade coa “ Elaboración dunha constitución,fixar liñas básica da economía,xestionar a transición en paz…”

A convocatoria de eleccións lexislativas libres era o paso para reestablecer o sistema parlamentario en España. Segundo a lei D´Hont había que elixir 350 representantes ao congreso. Esta lei favoreceu a UCD con 166 escanos co cal se formou un goberno en minoria de UCD presidido por Suárez. Estes resultados e a alta participación reflectia a vontade dos españois de romper coa legalidade e institucións franquistas, continuar coas reformas e manter os consenso político.

Tras as eleccións, os deputados tomaron como primeira tarefa a elaboración dunha constitución que foi aprobada o 6 de decembro de 1978 . Esta constitución que se nos amosa no documento catro de fonte primaria,natureza xurídico-politica e autor colectivo recollia 169 artigos co fin de estblecer unha sociedade democrática avanzada. O articulado do titulo preliminar ( documento 4 Art 1º ) definía e España como “ Estado social e democrático de dereito, que propugna como valores superiores de sue ordeamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político” convertindo a liberdade como o valor de valores.

Proclamaba que “ A soberania nacional reside no pobo español, do que manan os poderes do Estado” ( Documento 4 Art 1.2) e que a súa forma politica “ É amonarquia parlamentaria” (Documento 4 Art 1.3). Fundamentábase na “indisoluble unidade da nación española” (Documento 4 Art 2º) ao mesmo tempo que recoñecía e protexía “ o dereito a autonomia das nacionalidades e rexións que a integran” ( Documento 4 Art 3.1 3.2 ).

A constitución garantia  nos seus distintos artigos os dereitos humanos e as libertades conforme a Declaración Universal dos Dereito Humanos e a igualdade de todos os españois ante a lei. Ao mesmo tempo, a constitución separaba os tres poderes fundamentais: lexislativo (cortes) executivo (Goberno) e xudicial (xuices).

En 1979 celebrabanse as eleccións lexislativas e municipais  nas que UCD gañou sen maioria absoluta. Tras as eleccións produciuse a crise interna dentro do partido que mostrou a debilidade política deste e a imposibilidade de levar a cabo as reformas prometidas. Ante esta situación Suarez dimitiu o 28 de xaneiro de 1981. A UCD nomeou a Calvo Sotelo como sucesor.

Neste ambiente de tensión e descontento alimentou a constante ameaza golpista.

O 23 de febreiro de 1981, mentres se celebraba a investidura no novo presidente, un grupo de gardas civís baixo o mandato do tenente corononel Antonio Tejero  secuestraron o goberno e a os representantes da soberania nacional para reconducir a reforma politica. O Rei, ante este suceso púxose en contacto coas distintas Capitanías Xerais xurando fidelidade a coroa e a legalidade constitucional. Posteriormente dirixiuse na madrugada do 24 de febreiro a nación a través da televisión como reflexa o documento cinco “ A coroa, símbolo de permanencia e unidade a patria, non pode tolerar de xeito ningún … as actitudes de persoas que pretendan romper… o proceso democrático” ( de fonte primaria,natureza política e pública). Con esta actitude gañou a simpatía da nación, incluso de algúns non monárquicos. Tras este suceso o golpe fracasou e os implicados foron detidos.

A crise da UCD e a súa descomposición tiveron como resultado a disolución das cortes por parte de presidente Calvo Sotelo e a convocación de  eleccións lexislativas para o  28 de octubro de 1982. Estas eleccións cambiaron o mapa politico de España saíndo como partido gañador o PSOE con maioria absoluta , 202 escanos (Documento 6) alcanzando a presidencia  Felipe Gonzalez , na que se mantería  deica 1996 con maioria absoluta no congreso e cunha grande estabilidade

No hay comentarios.:

Publicar un comentario